A vindeira fin de semana realizarase o cruceiro polo Douro organizado por Chan do Bosque

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados en participar teñen ata o mércores 31 de xullo para inscribirse

 

A Asociación de Veciños Chan do Bosque organiza unha viaxe consistente nun cruceiro polo río Douro dende Barca D’Alva ata Régua visitando Vouzela, Sao Pedro do Sul e Aveiro.

 

A viaxe realizarase os días sábado 3 de agosto e domingo 4 de agosto e ten un custe por persoa de 115 euros incluíndo traslados, aloxamento en pensión completa e seguro de viaxe. Os interesados en inscribirse poden facelo ata o vindeiro mércores, día 31 de xullo, chamando ós números de teléfono 670 233 772 e 679 210 380.