A XUNTA ADXUDICA A REDACCIÓN DO ESTUDO DE VIABILIDADE PARA A CONEXIÓN DIRECTA DO POLÍGONO DE VEIGADAÑA EN MOS COA AUTOVÍA VIGO-O PORRIÑO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

 

  • Este contrato dispón dun investimento de 18.000 euros e conta con 6 meses de prazo para analizar a posible execución dunha estrada de enlace coa autovía A-55
  • Trátase de mellorar a competitividade do parque, que na actualidade ten conexión coa estrada N-550 e sitúase a menos de 1 quilómetro desta autovía
  • As propostas aportadas polo estudo deberán ter en conta a normativa de estradas do Estado e o estudo informativo da Variante da A-52 ata Vigo

 

9 de marzo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar a redacción do estudo de viabilidade da execución dunha conexión directa do polígono industrial de Veigadaña, no municipio de Mos, coa autovía A-55, no concello de Mos.

 

Este contrato foi adxudicado á empresa Noega Ingenieros S.L., por un investimento duns 18.000 euros. A redacción do proxecto conta cun prazo de execución de 6 meses.

 

O polígono da Veigadaña, executado e xestionado pola Xunta a través de Xestur Galicia, e en funcionamento dende o ano 2012, conta na actualidade cunha conexión directa coa estrada N-550 e sitúase a menos de 1 quilómetro da autovía Vigo-O Porriño.

 

Dada a relevancia do polígono da Veigadaña e o bo ritmo de instalación de empresas que se instalan nel, o obxectivo deste estudio é mellorar a súa competitividade, para o que se propón analizar a posible execución dunha estrada de conexión directa coa autovía A-55.

 

As tarefas incluídas neste contrato, consisten na elaboración das posibles alternativas para a conexión directa entre o polígono industrial e a A-55, así como a avaliación da cada unha das alternativas consideradas.

 

Para as propostas consideradas, o estudo deberá ter en conta a normativa de estradas do Estado e considerar o estudo informativo da Variante da A-52 ata Vigo -autovía en túnel alternativa á A-55 entre O Porriño e Vigo-.

 

No seguinte plano amósase a situación do polígono e as estradas máis próximas: