A Xunta de Galicia doa 325 mascarillas e 40 pantallas máis para 10 empresas de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Xunta de Galicia ven de doarnos para 10 empresas de Mos un total de 325 mascarillas e 40 pantallas de protección individual.

O material sanitario doado pola administración autonómica comezou a ser repartido esta mesma tarde por persoal do Servizo Municipal de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.

As 10 empresas beneficiarias atópanse ubicadas en diferentes zonas do termo municipal, entre elas atópanse os Polígonos Empresariais de Monte Faquiña, Rebullón e Veigadaña, a Estrada Peinador-Os Valos, as parroquias de Tameiga e Sanguiñeda,e as Avenidas de Puxeiros e Peinador.

SOMOSMOS.

Xuntos SaireMOS.

Grazas a tod@s @s que estades a facelo posible.