A Xunta de Galicia visita a nova fábrica intelixente de BENTELER en Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade


 Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, coñeceu de primeira man a tecnoloxía e os plans de formación e educación que se están implantando en Mos.
 Con esta nova planta BENTELER intensifica o seu compromiso con Galicia como unha das empresas empleadores máis interesantes, creando 175 novos postos de traballo.
 A fábrica intelixente de BENTELER en Mos caracterízase pola súa dixitalización e automatización, así como polos seus programas de educación e capacitación. A planta inaugurarase oficialmente en xuño de 2019.

Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, visitou a nova planta de BENTELER en Mos acompañado da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo. Durante a visita puido coñecer máis en detalle as novas tecnoloxías que se están implantando na planta e tamén o programa de educación e formación de BENTELER. Mos foi creada como unha fábrica intelixente. Caracterízase polas máis novas tecnoloxías de dixitalización e automatización, axudando así a BENTELER a adaptarse ás necesidades das demandas dos seus clientes locais. Ademais, o concepto de educación e formación de BENTELER implementado nesta planta garante o desenvolvemento das competencias dos empregados.

“Esta fábrica intelixente en Mos converterase nunha planta líder na área da dixitalización e a automatización dentro do sector da automoción en España” explica Ricardo Garcia, Vicepresidente Executivo da Rexión Southern Europe, BENTELER Automotive. “Somos excelentes no procesamento de metais e sabemos como conformar e unir metais como ninguén. E esta nova planta é un paso moi importante para realizar a nosa visión, que é por suposto ser o socio líder da industria da automoción,” engade.

Pola súa banda, o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou o compromiso de Benteler con Galicia e asegurou que o investimento da compañía na nova planta de Mos non só supoñerá a creación de emprego e riqueza, senón que contribuirá a que Galicia siga consolidando a industria da automoción. Un sector crave para a economía galega e cuxo futuro pasa, segundo o Conselleiro, pola mellora continua da formación e a aposta pola innovación.

Mos está moi preto de Vigo e comezará a produción en serie en xuño 2019. Con esta oitava planta en España, BENTELER reforza a súa presenza no noso país. A produción en Mos centrarase en soldadura, pintura e corte por láser. A planta creará 175 novos empregos e ocupa unha área de 12.000 metros cadrados. Actualmente BENTELER ten xa uns 550 empregados na planta de Valladares.

España é un Mercado estratéxico para BENTELER Automotive. Actualmente a compañía ten sete plantas en España, ademais das oficinas centrais da Rexión de Southern Europe. BENTELER ofrece a súa carteira de produtos para automoción en todos os principais mercados do mundo, incluíndo o desenvolvemento e a enxeñería.