Aberta a inscrición no campus do Celta en Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terá lugar o día 2 de xaneiro de 10.00 horas a 14.00 horas

 

O concelleiro de Deportes mosense, Isidoro Táboas, informou hoxe da vindeira celebrarción dun novo campus dun día de duración da Fundación Celta de Vigo.

 

Levarase a cabo o 2 de xaneiro, en horario de mañán, de 10.00 horas a 14.00 horas, no Campo de Fútbol das Baloutas. O campus terá un custe por participante de 15 euros para xogadores e de 20 euros para os porteiros, e os interesados en inscribirse xa poden facelo acudindo ó Concello de Mos, ó centro Multiusos mosense, sito nas Pozas-Petelos, ou á propia sede da Fundación Celta de Vigo e cumprimentando a solicitude que se lles facilitará en calquera dos tres lugares.

 

Esta xornada vai dirixida a rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, que serán agrupados por idades durante o día do campus para unha óptima formación. Os adestramentos lles serán impartidos por adestradores das Categorías Inferiores do Real Club Celta e se contará tamén, a maiores, coa presencia dun coordinador.

 

Entre os participantes do campus en Mos sortearase unha camiseta das Escolas da Fundación asinada por tódolos xogadores do Celta, e o neno con mellor rendemento será premiado cun adestramento na Madroa.