Aberto o prazo de inscrición no programa Actívate

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Dirixido a mozos e mozas de 16 a 35 anos

O Concello de Mos realiza en colaboración entre as concellerías de Formación e Emprego e Formación e a de Participación Cidadá que dirixen os edís Óscar Soto e Kely Monzón, respectivamente, e a colaboración da Deputación de Pontevedra, o programa Actívate dirixido á mocidade do municipio.

O obxectivo principal deste programa é desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre , que sexan de interese xuvenil e que respondan ás demandas dos mozos e mozas mosenses de entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).

O curso que se impartirá en Mos, Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios, terá unha duración de 40 horas, das cales 36 horas impartiranse no Concello, concretamente no CDL, Centro de Desenvolvemento Local, e catro horas adicaranse a un taller de carácter obligatorio de mañá ou tarde nas instalacións da Deputación de Pontevedra ou no propio Concello. Dito taller tratará sobre habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de búsqueda de emprego, elaboración do currículo, etc.

A entrega de diplomas farase nas instalacións da Deputación de Pontevedra. O Prazo de solicitudes para os interesados en participar abrirase o vindeiro 1 de setembro e rematará o día 20, tamén do mes de setembro.

O modelo oficial de inscrición pódese descargar da páxina web da Deputación de Pontevedra ou solicitalo nas oficinas da concellería de Participación Cidadá, sitas no Multiusos das Pozas, ou do CDL, e debe ser presentado no Rexistro do Concello.

Os cursos a impartir pola Deputación nos diferentes concellos da provincia suman un total de 36 e abarcan diferentes ámbitos coma as novas tecnoloxías, agricultura, artesanía, actividades artísticas, reparacións domésticas e bricolaxe, bricolaxe ecolóxico, cociña, servizos ás persoas, etc. O curso a impartir en Mos enmárcase neste último ámbito.