Aberto o prazo de inscrición nos campamentos infantís da Lanzada e Polideportivos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A concellería de Participación Cidadá mosense informou hoxe de que os interesados en participar xa poden anotarse

 

A concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos, que dirixe a edil Kely Monzón, informa de que xa está aberto o prazo de preinscrición nos Campamentos de Verán na Lanzada, organizados pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Estes campamentos están destinados a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos. Os campamentos distribuiranse nun total de once quendas: do 23 ao 29 de xuño, do 30 de xuño ao 6 de xullo, do 7 ao 13 de xullo, do 14 ao 20 de xullo, do 21 ao 27 de xullo, do 28 de xullo ao 3 de agosto, do 4 ao 10 de agosto, do 11 ao 17 de agosto, do 18 ao 24 de agosto, do 25 ao 31 agosto e do 1 ao 7 de setembro.

 

O prazo de presentación de solicitudes, a través do Rexistro Xeral do Concello, para os mosenses interesados en participar nestes campamentos, remata o 1 de abril. O custo é de 68 euros por neno, prezo que deberá ser aboado no momento que se asigne por sorteo a praza a cada participante.

 

Os pais e nais de cativos mosenses pódense dirixir, para obter máis información sobre os campamentos ou formalizar as inscricións dos seus fillos, ao Departamento de Participación Cidadá do Concello (teléfono 986 339 404).

 

Dende a concellería de Participación Cidadá aproveitaron para anunciar hoxe que tamén está aberto o prazo de preinscrición dos Campamentos Polideportivos para rapaces nados entre os anos 1996 e 2006, ambos incluídos. Para obter máis información sobre os mesmos os interesados poden dirixirse telefónicamente á concellería de Deportes mosense chamando ó número 986 334 070.