Aberto o prazo de inscrición nos cursos sobre novas tecnoloxías para a mocidade mosense

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O derradeiro día para apuntarse será o martes 26 de febreiro

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe da organización de varios cursos dirixidos a mellorar as competencias formativas da Xuventude maior de 16 anos, preferentemente empadroados en Mos.

 

Trátase de tres cursos relacionados coas novas tecnoloxías e titulados “Redes Sociais”, “PowerPoint” e “Sácalle partido ao Micrososoft Outlook”.

 

A concellería de Participación Cidadá propón levar a cabo un taller de 15 horas sobre Redes Sociais (Facebook, Twitter e Linkedin), PowerPoint e como sacarlle partido ao Microsoft Outlook, dirxido aos mosenses maiores de 16 anos para que poidan perfeccionar o uso das novas tecnoloxías. Estes cursos levaranse a cabo no CDL, Centro de Desenvolvemento Local de Mos.

 

Os obxectivos desta iniciativa, segundo explicaba Monzón esta mañá, son “iniciar aos mosenses no aprendizaxe das Redes Sociais informando dos riscos e vantaxes que ofrece o uso destas ferramentas, promover novas posibilidades de formación e promoción laborais a través do manexo das novas tecnoloxías e coñecer as ferramentas que se poden utilizar e que estratexias temos que seguir para obter uns resultados positivos”.

 

O prazo de inscrición na actividade comezou onte, luns 11 de febreiro, e rematará o vindeiro 26 de febreiro. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. A publicación da lista de admitidos será o 27 de febreiro. A data de inicio dos cursos será o día 12 de marzo. As accións formativas desenvolveranse os martes e xoves a partir do 12 de marzo en horario de 19.00 horas a 21:30 horas, e ata o día 4 de abril (este último día impartiranse 3 horas de clase en lugar de dúas e media coma o resto dos días).