Aberto o prazo de matrícula nas Escolas Infantís de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

– Rematará o vindeiro 9 de abril.
– O próximo curso, coa nova de Veigadaña, xa haberá operativos tres centros mosenses.

Dende a concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que se atopa aberto o prazo de matrícula para os/as pais/nais interesados/as en inscribir aos seus fillos/as nas Escolas Infantís da Xunta da rede “A Galiña Azul” en Mos, e que o vindeiro curso esolar 2018-2019 serán xa tres: a nova da Veigadaña, a de Cototorrón e a de Porteliña.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o 9 de abril. A relación provisional de admitidos publicarase o 9 de maio e a listaxe definitiva o 31 dese mesmo mes.
Haberá que escoller entre xornada continuada ou media xornada, entendendo xornada continuada desde primeira hora da mañá ata despois de comer, sen superar nunca as 8 horas diarias, e media xornada, con ou sen comedor, cando non se superen as 4 horas diarias. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en papel en calquera dos rexistros da Xunta.
Os interesados en obter máis información sobre as prazas de Mos poden chamar por teléfono á Escola Infantil da Porteliña ao número 986 337 184 e/ou á de Cototorrón ao 986 190 998.