Aberto o prazo de solicitudes para as axudas de material escolar e comedor

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Rematarán os días 4 e 5 de outubro respectivamente

A concellería de Benestar Social do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro, e a concellería de Educación que dirixe a edil Kely Monzón, informan ós pais e nais de nenos e nenas en idade escolar, de que poden optar ás axudas para a adquisición de material escolar e para o uso do servizo de comedor, tamén escolar, correspondentes ó presente e recén iniciado curso 2012-2013.

A axuda para a adquisición de material escolar foi publicada no BOP, Boletín Oficial da Provincia, o pasado 11 de setembro, e poderá solicitarse ata o día 4 de outubro no Rexistro do Concello de Mos.

A axuda para uso do servizo de comedor foi publicada no BOP o 12 de setembro, e poderá solicitarse ata o día 5 de outubro no Rexistro do Concello de Mos.

Para máis información, os interesados na axuda para material escolar deberán dirixirse ó departamento de Benestar Social; e os interesados na axuda para o comedor teñen que achegarse ata as oficinas da concellería de Educación ubicadas no edificio Multiusos, nas Pozas-Petelos.