Abertos os prazos de inscrición para Tempo de Lecer 2013

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Asociacións interesadas en participar no programa, empresas de formación ou monitores autónomos que queiran presentar a súa oferta, teñen ata o 12 de febreiro para inscribirse no Rexistro do Concello

Dende a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil Kely Monzón investiranse 10.000 euros para poder continuar co programa Tempo de Lecer durante o ano 2013 e que os seus usuarios sigan a pagar tan só un euro por cada hora de clase.

O custo da impartición do obradoiro elixido sairalle a cada participante a razón de un euro por hora, de xeito que polos obradoiros de 15 horas de duración os usuarios deberán pagar 15 euros e polos de 30 horas de duración, 30 euros. Importes que deberán ser aboados polos alumnos no momento de formalización da matrícula.

Monzón considera fundamental a continuidade deste programa que promove actividades de lecer nos locais de diferentes asociacións ubicadas nas dez parroquias mosenses para facilitarlles ós veciños e veciñas do municipio uns mellores e máis óptimos aproveitamento e xestión do seu tempo libre, posto que ó ser o de Mos un Concello tan disperso, iniciativas coma esta son o xeito máis eficaz de achegarlle ós seus habitantes iniciativas de ocio productivas.

Ademais, outro dos fins do programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións, a maiores do xa mencionado obxectivo de conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social.

De modo que, en resumo, os fins desta nova etapa do programa Tempo de Lecer do ano 2013 son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades  económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo, e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

Os obradoiros ofertaranse nas diferentes asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, etc., que desexen participar e cumpran os requisitos que se marcan nas bases. Parea elo ofertarase un listado dos diversos obradoiros, e será a asociación a que elixirá nos que desexa participar. Cada asociación poderá solicitar como máximo 30 horas. O máximo de asociacións que poderán participar neste programa son 20. Os obradoiros poderán ser dous de 15 horas cada un ou un de 30 horas.Cada unha dos obradoiros, para poder levarse a cabo, contará cun mínimo de 12 persoas e un máximo de 20 (ou o que determine o monitor encargado de impartilo). Nalgunhas destas actividades, que non requiren atención individualizada por parte da persoa que a imparte, poderán chegar ata 25 participantes.

Os obradoiros realizaranse entre os meses de marzo a novembro,parándose no mes de agosto por vacacións.Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello. Os veciños interesados en participar no programa Tempo de Lecer 2013 deben apuntarse directamente na asociación que ofrece o obradoiro que lles interese, aportando a solicitude cumprimentada e asinada.

No caso das empresas de formación e monitores autónomos interesados en impartir algún curso de Tempo de Lecer da presente tempada, deben presentar as súas ofertas no Rexistro do Concello de Mos ata o 12 de febreiro, e deberán ser presentadas no rexistro do Concello de Mos. O custo por hora dos obradoiros non poderá ser superior a 30 euros incluído o IVE.

Respecto do procedemento a seguir polas asociacións que acollerán os cursos nas súas instalacións, estas terán de prazo ata o 12 de febreiro para entregar no Rexistro do concello a solicitude de participación no programa Tempo de Lecer co nome dos obradoiros que lles interesa e as datas de comezo. O criterio de selección das 20 asociacións participantes realizarase por rigorosa orden de inscrición.