Ábrese o prazo de inscrición no curso de Mecánica Básica do programa Actívate

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os mozos e mozas interesados en participar poderán apuntarse do 2 ó 26 de setembro

 

A concellería de Participación Cidadá de Mos organiza un curso de Mecánica Básica do Automóbil do programa Actívate 2013 da Deputación de Pontevedra, dirixido á mocidade mosense.

 

Os obxectivos deste curso son mellorar as competencias profesionais dos xoves para posibilitar e incrementar as súas posibilidades de acceso ó mundo laboral, e posibilitar a adquisición de nocións básicas sobre a mecánica do automóbil. Os destinatarios desta acción formativa son mozos e mozas de16 a35 anos. A duración do curso será de 40 horas.

 

O prazo de inscrición estará aberto dende o 2 de setembro ata o 26 (ambos inclusive). A lista de admitidos será publicada  o 27 de setembro. As solicitudes deberán cursarse a través do Rexistro do Concello (tamén poden descargarse a través da web do Concello, da Deputación de Pontevedra, ou solicitala no CDL ou no departamento de Participación Cidadá do Concello de Mos).