Ábrese o prazo do concurso para a elección dunha frase conmemorativa do Día do Orgullo LGBT

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A gañadora locerá na rotonda das Angustias do 22 ao 30 de xuño

Mañá mércores 3 de xuño ábrese o prazo de presentación de frases conmemorativas do Día do Orgullo LGBT que rematarará o día 17 deste mes de xuño. Para o envío os/as participantes no concurso deberán remitir un correo electrónico ao enderezo omix@concellomos.es coa frase conmemorativa que presenten a concurso (unha por persoa), nome, idade, dirección e teléfono de contacto.

As frases que se presenten a concurso deberán constar dun máximo de 30 caracteres con espazos, contabilizándose como 1 caracter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude.

A frase gañadora estará exposta do 22 ata o 30 de xuño nas pantallas da rotonda das Angustias.

Quen queira pode participar enviando a súa frase, é un concurso aberto a todas as persoas de todas as idades.

O Concello de Mos ten preparada xa a programación conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGBT que se celebra o 28 de xuño.

O programa baséase, dadas as novas circunstancias, en actividades e iniciativas a través das redes sociais municipais.

Realizaranse publicacións periódicas, entre elas vídeos, durante a segunda quincena do vindeiro mes de xuño.

Ademais, como non podía ser doutro xeito, colocarase tamén durante todo o mes de xuño no balcón do Concello a bandeira LGBT como todos os anos.

O propio Día Internacional do Orgullo LGBT, 28 de xuño, publicarase un vídeo conmemorativo, entre outros actos programados para as redes sociais municipais.

Entre as actividades previstas durante a programación deseñada polas concellerías de Mocidade e Política Social e Igualdade que dirixen os edís, Leo Costas e Sara Cebreiro, respectivamente, haberá unha breve charla a cargo de presidentes ou membros da directiva de entidades relacionadas co colectivo LGBT, ou incluso deportistas e outros personaxes.