Acométense estes días varias obras de asfaltado no Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Trátase dun total de 5 viais, 4 na parroquia de Petelos e un en Castro-Mos, e da repavimentación da pista deportiva do Colexio de Atín

O concelleiro de Vías e Obras de Mos, Alberto Méndez, iformou hoxe de que se están a acometer no municipio mosense varias obras de pavimentación, financiadas unhas gracias a un convenio coa Deputación de Pontevedra, e outras mediante fondos propios do Concello.

Entre os asfaltados que está a realizar a Deputación atópase o dun vial na parroquia de Petelos, na zona da Porteliña, cuias obras de reposición do firme precisamente acudiron esta mañá a supervisar Alberto Méndez e o edil desta parroquia, Luis Alonso; para comprobar así de primeira man que os traballos marchan segundo o previsto. Labores de asfaltado que xa están prácticamente rematadas, para satisfacción e beneficio dos veciños e veciñas da zona, que viñan reclamando a mellora deste camiño dende fai tempo.

Unha vez rematados estes traballos en Petelos, acudirase ó Colexio de Atín para realizar a reposición do firme da súa pista deportiva, segundo explicou Méndez. E por último, outra obra de asfaltado que asume a administración provincial é a do vial que transcorre polo contorno do aparcadoiro do Colexio Castro-Mos e do pavillón tamén de Castro Mos.

En canto á repavimentación da pista deportiva do Colexio de Atín, o concelleiro responsable destacou a importancia desta obra, por ser unha demanda reiterada no tempo tanto da ANPA do Colexio coma da dirección do mesmo.

Por último, os asfaltados que se están a executar con financiación a través de fondos propios municipais consisten na pavimentación de tres camiños no barrio de Veigadaña, parroquia de Petelos, tamén obras reclamadas en repetidas ocasións pola Asociación de Veciños da zona.

Para concluir, sobre esta batería de novos asfaltados que se están a realizar en Mos, o edil Alberto Méndez declarou que “serán moi beneficiosos no que se refire á mellora da seguridade vial, tanto para peóns coma para conductores, das zonas nas que se están a acometer ditas reposicións do firme da calzada”. E respecto á pavimentación da pista deportiva do Colexio de Atín aludiu á necesidade de prestar o mellor servizo posible nos centros educativos de Mos para o óptimo desenvolvemento nos mesmos de deportes e actividades físicas por parte dos cativos.