Acometido o proxecto de mellora das zonas nas que se atopan instalados contenedores de lixo e reciclaxe

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A obra foi subvencionada polo Fondo de Compensación Ambiental

 

O Concello de Mos acometeu un proxecto de mellora das zonas nas que permanecen instalados contenedores de lixo e reciclaxe mediante a instalación de isletas para unha óptima e máis estética ubicación dos mesmos. A concelleira delegada de Medio Ambiente, Julia Loureiro, acompañada pola tamén edil mosense, Kely Monzón, visitou esta mañá as zonas nas que se instalaron estas isletas para comprobar de primeira man os resultados dos traballos realizados.

 

No proxecto técnico, titulado de ‘Recuperación e Mellora de Espazos Ambientalmente Degradados de Puntos de Recollida de Lixo do Concello de Mos’ investíronse 35.000 euros e foi subvencionado polo Fondo de Compensación Ambiental da consellería de Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia.

 

As actuacións de mellora leváronse a cabo nas 6 zonas máis urbanas e claves do Concello de Mos onde se atopan instalados tamén puntos de recollida de lixo e son Puxeiros, Peinador, San Eleuterio, Sanguiñeda, San Antoíño e San Rafael. Ditas actuacións consistiron en traballos de recuperación de espazos ambientalmente degradados e mellora de anclaxes de contenedores e puntos de recollida de lixo no rural creando unha infraestrura en cada un destes seis lugares a modo de plataforma ou isleta.

 

Segundo declarou hoxe Loureiro os obxectivos destas obras de mellora eran “ordear os espazos de recollida de lixo con medidas correctoras de protección do medio ambiente, mellorar o impacto visual das instalacións de recollida de lixo mediante pantallas cubrecontenedores e limpar e sanear o entorno dos 6 lugares”

 

“Deste xeito conseguimos un espazo máis limpo e mellor ambientalmente e concienciar ós habitantes do Concello de Mos na necesidade de conservar as instalacións en bo estado”, explica a concelleira Julia Loureiro. E é que, na medida en que se melloran as instalacións, o usuario adquire maior conciencia do deber de manter limpo o medio ambiente.

 

Ademais coa acometida destas novas infraestruturas conséguense resolver problemas tales coma verquidos sen control, acopio de bolsas fora dos contenedores, problemas de accesibilidade e afeamento estético e visual das 6 zonas en cuestión.

 

En resumo, a actuación do investimento está orientada á recuperación de espazos ambientalmente degradados por unha mala utilización dos medios dispoñibles. Co este proxecto pretendeuse adecuar as zonas degradadas e concienciar ao usuario da correcta utilización, tal e como explica a edil. As pantallas ou isletas instaladas axudan a ordenar os espazos e motivar a correcta utilización dos contenedores de lixo.

 

 

 

 

 

Posta a punto integral

 

Ademais das isletas acometidas en 6 zonas, coa subvención do Fondo de Compensación Ambiental, fíxose unha posta a punto integral de tódolos lugares nos que hai contenedores instalados e que así o precisaban. Dita posta a punto consistiu na instalación de novos anclaxes, limpeza, e reposición de tapas, entre outras medidas de optimización e mellora ambiental dos contornos dos contenedores de lixo e reciclaxe.

 

Tras dita mellora ambiental integral do municipio mosense, e segundo o anunciado pola edil Loureiro, dende a concellería de Medio Ambiente intensificarase o control dos verquidos incontrolados e interporanse as pertinentes sancións.

 

Se levará a cabo un plan de seguemento, -respaldado e co apoio da Policía Local de Mos e do Servizo Municipal de Emerxencias-, do verquido de desperdicios nos contedores distribuídos polas distintas zonas do Concello; mediante o que se pretente detectar e controlar verquidos indebidos impoñendo incluso, se fose necesario, as pertinentes multas coercitivas.

 

Estas medidas do plan de seguemento dos desperdicios xerados polos mosenses, responden a un protocolo desenvolvido para evitar verquidos indebidos, impoñendo sancións a quen faga un uso erróneo dos contedores.