Acto central do Día contra a Violencia de Xénero no Multiusos

Escrito por admin. Posteado en Actualidade

Representarase unha obra de teatro o domingo día 25 de novembro a partir das 19.00 horas da tarde

A concelleira de Benestar Social, Sara Cebreiro, informou hoxe de que o vindeiro domingo, 25 de novembro e Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, celebrarase un acto conmemorativo no Multiusos das Pozas a partir das 19.00 horas da tarde.

A actividade consistirá na interpretación da obra de teatro ‘Morre un amor, quebra unha vida’ a cargo das 13 mulleres do III Obradoiro de Teatro na Igualdade e os membros da compañía Atrezo Teatro como grupo colaborador, ademais de 14 nenos e nenas que tamén actuarán nesta representación.

A programación conmemorativa do Día contra a Violencia de Xénero do Concello de Mos adoitou este ano o lema de ‘Un muro contra a violencia’ e ademais do acto do domingo contou tamén cunha serie de charlas ós alumnos do IES de Mos co obxectivo de conciencialos sobre esta terrible realidade e tratar de evitar que nun futuro se convirtan en posibles maltratadores ou víctimas.

Estas charlas impartíronse onte e o mércores no Instituto e foron organizadas pola concellería de Benestar Social en colaboración co departamento municipal de Educación e Participación Cidadá. As charlas levaban por título ‘Abordar e previr a violencia de xénero dende a educación’.

Dende fai moitos anos o Concello de Mos ven colaborando co IES na formación do alumnado en diferentes temas transversais, principalmente na prevención e sensibilización en violencia de xénero; procurando que todo o alumnado perciba formación ampla neste  tema durante o seu período de escolarización no IES. É por iso que, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, as concelleiras de Educación e Benestar Social, Kely Monzón e Sara Cebreiro, respectivamente, e en coordinación co Instituto, consideraron axeitada a realización desta actividade  formativa,  que se desenvolveu para o alumnado de terceiro e cuarto cursos da ESO.

Esta iniciativa, materializada a modo de charlas de 50 minutos de duración, foi desenvolvida por un experto no tema da violencia de xénero. Trátase de Jorge Araújo, profesional da materia por ser avogado especialista en violencia de xénero, ademais de Garda Civil destinado no Cuartel do Concello de Mos e implicado no servizo de protección e apoio ás mulleres maltratadas.