Acto de presentación das claves da recentemente aprobada Lei de Simplificación Administrativa e apoio á Reactivación Económica de Galicia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, está a participar desde as 10.00 horas na xuntanza cos/as alcaldes/as da área do Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, no que se presentan as claves da recentemente aprobada Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de Simplificación Administrativa e de apoio á Reactivación Económica de Galicia.
A importancia desta norma, tan necesaria para facilitar a reactivación económica tras as consecuencias negativas derivadas da crise da covid-19, radica en que propón a simplificación administrativa, así como o compromiso cunha xestión máis áxil e eficiente por parte da Administración pública, favorecendo a implantación e o mellor funcionamento das iniciativas empresarias nos concellos, particularmente valiosas na actualidade.
O acto está a ter lugar no salón de actos da Delegación de Vigo.