AECC Mos organiza a súa anual Cea Baile Solidaria

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

cartel-cena-cancerCelebrarase o sábado 1 de outubro no Pavillón Patricia Martínez

A Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro organiza a súa anual Cea Baile Tómbola Solidaria, que se celebrará o sábado día 1 de outubro.

O encontro terá lugar a partir das 21.00 horas no Pavillón Patricia Martínez, en Castro-Mos. A cea será servida por Catering Don Gusto e amenizada musicalmente polo Grupo M3.

O prezo por persoa será de 30 euros e os interesados en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 697484529.