AECC Mos organiza unha andaina solidaria

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro domingo pola mañá polo Sendeiro do Río Louro

A Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro presentou onte pola tarde nos exteriores do Multiusos das Pozas xunto coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a I Andaina Solidaria polo Sendeiro do Río Louro.
A andaina levarase a cabo o vindeiro domingo, día 31 de marzo, con saída dende o Pazo de Mos ás 10.30 horas da mañá. A inscrición ten un custe de 5 euros por persoa e con ela cada participante recibirá unha bolsa con auga, froita e un doce.
Para anotarse os interesados poden dirixirse presencialmente á Piscina Municipal ou chamar ao teléfono 986 33 40 70 e/ou ao Multiusos tamén presencialmente ou por teléfono no número 986 33 94 04.
O percorrido a realizar o domingo terá unha lonxitude de 5 quilómetros de nivel fácil apto para familias, nenos e mascotas.
Para obter máis información sobre a actividade poden dirixirse tamén ao teléfono 697 484 529.