AKÍ inagura o seu primeiro centro en Pontevedra

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O investimento supera os 4 millóns de euros e xera 44 postos de traballo

A empresa AKÍ, especializada en bricolaxe, xardinería e decoración, pertencente ao Grupo Adeo e recoñecida pola súa proximidade, o seu equipo de profesionais e o accesible dos seus prezos, remata o ano coa apertura do seu centro de Mos, cumprindo así co Plan de Expansión 2012 da compañía.
 
Cun investimento que alcanza os 4.200.000 euros, o novo establecemento, situado en Ameirolongo (estrada nacional 550, quilómetro 115,50), Concello de Mos, conta cunha superficie de vendas de 2.940 m², así como con 128 prazas de estacionamento gratuítas para lles facilitar o acceso aos clientes.
 
Tras o estudo dos 7.994 currículos recibidos, AKÍ proporcionoulles emprego, entre postos directos e indirectos, a 44 traballadores, dos cales 29 compoñen o equipo fixo da tenda. Deles, o 86% asinou un contrato indefinido.
 
A inauguración do centro celebrouse esta mañá, nun acto ao que asistiua alcaldesa do concello de Mos, Nidia Arévalo acompañada do equipo de goberno local, o xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, a deputada provincial Marta Iglesias, o Director Xeral de AKÍ España, Frédéric Capdeville, o Director Rexional da zona, Javier Martínez, e mais o Director de AKÍ Mos, Iban Rama.
 
Durante a súa intervención, a rexedora local asegurou que “hoxe é un día grande para Mos” polo que supón a apertura dunha superficie comercial desta envergadura en tempos de crise, xa que implica a creación de postos de traballo para moitos mosenses, que o municipio se convirta en punto de referencia e compra común no sector do bricolaxe para veciños e veciñas de tódolos Concellos da comarca, ou incluso da provincia e de todo o sur de Galicia, etc. Arévalo desexoulle a esta nova tenda que hoxe nace en Mos, que sexa unha gran activadora do comercio e da economía no municipio, e que logre converterse nun “referente a nivel nacional por ser a que, mes a mes, acade o maior índice de vendas de todo o país”.
 
Os clientes e público en xeral poderán acceder a AKÍ Mos a partir de mañán, que é cando a tenda abre as súas portas de xeito oficial.
 
AKÍ aposta pola integración
O establecemento de Mos, número 36 da compañía, primeiro na provincia de Pontevedra e cuarto na comunidade galega, conta entre o seu equipo de profesionais cun traballador con minusvalía, por cuia integración no mundo laboral aposta a empresa.
 
As instalacións —coma as do resto dos establecementos da compañía— están adaptadas para facilitar o acceso e a compra dos clientes con discapacidade.
 
Os 15.000 artigos que ofrece AKÍ Mos repártense en 13 departamentos, coñecidos como “Mundos AKÍ”. Estas áreas contan cun estudado deseño que ofrece maior sensación de espazo e amplitude para adquirir os produtos coa máxima rapidez e comodidade.
 
Ademais, o centro conta coa opción de venda especial por catálogo dixital. Asesorado por un profesional do establecemento por medio dun dispositivo instalado na sala comercial, o cliente poderá escoller entre unha ampla variedade de produtos, visualizando imaxes do artigo, a súa descrición, opcións cromáticas e prezos. Outros servizos, tales como a instalación a domicilio de diversos produtos adquiridos no centro —aires acondicionados, baños e grellas asadoiras— ou a copia de chaves e mandos, entre outros, completan a oferta de AKÍ Mos.
 
Para celebrar a inauguración, o centro de Mos presenta o seu folleto de apertura, con produtos a prezos moi especiais ata o próximo 23 de decembro. Ademais, cada cliente que obteña a tarxeta SinFin de AKÍ gozará de vantaxes tales como descontos exclusivos (10% ao darse de alta e 10% por cada 500 puntos acumulados, aplicables ás compras que elixa), ofertas mensuais para socios ou garantía de devolución de artigos sen necesidade de presentar o tícket de compra. Todos os beneficios da tarxeta, os catálogos coas ofertas e o resto dos servizos poden consultarse na web da compañía (www.aki.es).