Alumnos dos centros educativos mosenses visitan a exposición sobre a natureza galega instalada no Multiusos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe puideron coñecer a mostra os estudiantes de segundo da ESO do Colexio Lar

Onte comenzaron as visitas guiadas para escolares do Concello de Mos pola exposición didáctica instalada no Multiusos das Pozas ata o 30 de novembro. Hoxe puideron coñecer de primeira man esta mostra 28 alumnos e alumnas de segundo curso da ESO do Colexio Lar acompañados de dous profesores, mañán e o xoves farano os nenos e nenas de sexto, quinto e cuarto cursos de Educación Primaria do CEIP de Petelos; e tamén o xoves e o venres día 30 asistirán a esta actividade os membros das Escravas da Virxe Dolorosa e de Asodifisi, Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos. En total pasarán pola mostra do Multiusos durante as mañás desta semana, 185 rapaces e rapazas, ademais de 13 profesores que os acompañarán.

‘Conservando a natureza’, que así se denomina a mostra que se pode contemplar no Multiusos, é unha exposición didáctica itinerante promovida polas concellerías de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón, mostra que forma parte do programa de conservación e xestión de espazos protexidos de Galicia que se está a desenvolver gracias ó convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a Obra Social La Caixa.

A mostra está instalada para para ser visitada polos escolares en horario de mañán e polo público en xeral pola tarde. “Esta iniciativa mostra os valores naturais máis característicos e singulares do noso patrimonio natural e permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies”, explicaba esta mañá a concelleira responsable, quen tamén daba conta dos obxectivos da mesma que son “presentar a diversidade e singularidade dos nosos espacios naturais protexidos, identificar a variedade das especies animais e vexetais dos espazos protexidos galego, descobrir a importancia do ser humán para a preservación das especies e desenvolver actitudes de responsabilidade e protección fronte a conservación ambiental”.

Esta actividade está dirixida a toda a comunidade escolar de Mos, sen embargo a mostra permenece tamén aberta en horario de tarde para a poboación en xeral, que pode visitar a exposición.

Os escolares que visitan a exposición de xeito guiado realizan a actividade en horario de mañan: de 11.00 a 13 .00 horas. A poboación xeral pode acudir pola tarde de 18.00 a 20.00 horas. Trátase dunha exposición didáctica de carácter educativo mediante materiais divulgativos, guías, obradoiros e xogos cos que se lles amosa ós participantes a cantidade e diversidade dos espazos protexidos declarados no territorio galego, e a variedade e singularidade das especies  animais e vexetais que poden atopar  neles. Entre outros espazos protexidos a exposición aborda o Parque Nacional das Illas Atlánticas, as dunas de Corrubedo, as Fragas do Eume, o Monte Aloia, etc.