Alumnos mosenses de Bacharelato visitan Cans

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A iniciativa da concellería de Educación e Participación Cidadá pretende achegar ós estudantes ó mundo da cultura e a arte

 

Os alumnos/as de 1º de Bacharelato do IES de Mos xunto cos de 1º e 2º cursos de Bacharelato do Colexio Lar visitaron onte o Festival de Cans.

 

Do IES asistiron a esta visita 40 persoas, alumnos/as e docentes, e xunto co grupo do Colexio Lar sumaron un total duns 70 alumnos/as. Una vez alí a organización do festival xuntounos con outros dous grupos, resultando ser en total máis de 100 personas realizando a actividade.

 

Dende a concellaría de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos, que dirixe a edil Kely Monzón, queren fomentar o coñecemento dos recursos que hai no noso entorno. Un dos propósitos fundamentais desta área é colaborar na difusión da cultura e da arte. A visita ó Festival de Cans faise tendo en conta a súa traxectoria, e despois da boa acollida que tivo polos escolares en edicións anteriores, este ano quixeron ofertala novamente. Constitúe unha boa oportunidade para que os escolares coñezan iniciativas de ámbito local que repercuten non só no campo audiovisual, senón na promoción do uso da lingua galega e na dinamización das parroquias e da vida da xente que as acolle. Deste xeito preténdese colaborar no desenvolvemento da bagaxe cultural e artística da cultura galega entre o alumnado mosense.

 

Os obxectivos desta iniciativa son colaborar no desenvolvemento da competencia cultural e artística dos escolares do noso Concello, dar a coñecer os recursos e as manifestacións culturais e artísticas do noso contorno, fomentar o espírito crítico entre os escolares, desenvolver nos alumnos/as as habilidades necesarias para apreciar e desfrutar coa arte e con outras manifestacións culturais, proporcionar un espazo de relación e comunicación diferente ao habitual, e dar a coñecer a gran labor da organización e dos veciños que colaboran de xeito altruísta.

 

O programa consistiu nunha visita ao Festival de Cans, na que os alumnos/as puideron disfrutar das diferentes actividades que ofrece este evento, ademais de coñecer as súas instalacións e ao persoal encargado da organización do mesmo. A primeira parte da actividade consistiu na asistencia a proxección de diferentes pezas audiovisuais, ademais se contou coas explicacións de diferentes profesionais do mundo das producións audiovisuais: produtora, directores e actor, no que se contou ca presenza do coñecido actor Morris, ao cal os mozos e mozas puideron facer as preguntas que quixesen. A segunda parte consistiu nunha ruta guiada polos diferentes locais e estancias emblemáticas do festival que os veciños de Cans facilitan á organización do evento de xeito altruísta para que se podan realizar as proxeccións, concertos e coloquios.