Amoriños Contei, da compañía Tarabelos, o domingo pola tarde no Multiusos de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O espectáculo está incluído no programa Ocio en Familia

 

A concelleira de Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe de que o vindeiro domingo, día 27 de xaneiro, celebrarase unha nova actividade do programa Ocio en Familia, titulada Amoriños Contei e que será interpretada pola compañía Tarabelos.

 

A actuación consistirá nun espectáculo de títeres e contacontos que se celebrará no Multiusos das Pozas, en Petelos, a partir das 18.00 horas da tarde.

 

Os destinatarios desta iniciativa son os membros das unidades familiares do municipio de Mos con nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. A duración total da actuación é de 50 minutos aproximadamente.