Amplíase o prazo de inscrición no curso preparatorio das probas Celga 3

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados en inscribirse poden facelo ata o mércores 27 de marzo e, excepcionalmente, o día 1 de abril 

Dende a concellería mosense de Formación e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto infórmase de que aínda quedan prazas vacantes no curso preparatorio das probas Celga 3, polo que se prorroga o prazo de inscrición ata o próximo día 27 de marzo (e excepcionalmente ata o día 1 de abril).

Os interesados en realizar este curso deben saber que non é necesario estar en posesión doutro Celga anterior ou de cursos de galego para acceder ao Celga 3.

O curso vaise a desenvolver durante os meses de abril e maio, para que posteriormente os alumnos poidan realizar as probas do nivel Celga 3, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Estas probas terán lugar o día 2 de xuño en Vigo.

Este curso foille concedido pola Secretaría xeral ao Concello de Mos, adherido á Rede de Dinamización Lingüística dende o ano 2011, cuxo obxectivo é ode promover a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e de aumentar a efectividade das mesmas desde o ámbito local.

O inicio do curso está previsto para o día 1 de abril, no Centro de Desenvolvemento Local de Mos, de 19:00 a 21:00 horas de luns a xoves. O curso terá unha duración de 70 horas, e é preparatorio das probas do Celga 3, é dicir, non da dereito a diploma, e polo tanto non certifica o coñecemento do galego nese nivel, pero sí prepara ás persoas interesadas para a presentación ás probas de nivel Celga. Para a obtención da certificación correspondente ao nivel deberán matricularse para esas probas. Poden obter os formularios de matrícula a través da web http://www.xunta.es/linguagalega, ou nas oficinas do CDL.

Tódolos interesados e interesadas poden inscribirse no curso. Para elo, deben achegarse ao Centro de Desenvolvemento Local do Concello (CDL) ou ben inscribirse no espazo habilitado ao efecto na páxina web do Concello www.mos.es ata o día 27 de marzo.