Antonio Barros Serodio, “A Voz”, do Recanto de Vigo e comarca no Luar da TVG

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Gañador da sétima edición no ano 2017 en Recantos de Luar
 
O mosense Antonio Barros Serodio participa hoxe venres, 26, como recanteiro do programa Luar da TVG, na súa décima edición – “As voces de ouro”, representando a Vigo e a súa comarca; tal e como xa o fixera na sétima edición, onde foi o gañador. Nesta ocasión competirá nunha selección dos mellores recanteiros de edicións anteriores.