Antonio Barros Serodio, “A Voz”, do Recanto de Vigo e comarca no Luar da TVG

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Clasificado na segunda rolda en Recantos de Luar

O mosense Antonio Barros Serodio defenderá, o vindeiro venres, 06 de marzo, na terceira rolda  da sección Recantos, do popular programa da TVG, Luar, o Recanto de Vigo e comarca, interpretando nesta ocasión dúas cancións: “María bonita” de Agustín Lara e “Il Mondo” de Jimmy Fontana.

Barros, tras acadar 34 puntos na segunda rolda, espera poder seguir contando co apoio dos televidentes a través das cinco chamadas telefónicas ó número que aparecerá na pantalla do televisor.