Apertura dos cemiterios mosenses o vindeiro luns 11 de maio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

“O Concello de Mos informa”:

Sobre a apertura dos cemiterios mosenses o vindeiro luns 11 de maio, debéndose respectar o límite de aforamento non formando aglomeracións.

Recoméndase o uso de mascarilla e haberá control policial. A Policía Local repartirá mascarillas entre os visitantes aos cemterios que non dispoñan delas.