Aplauso de hoxe ás 20:00 h a todas esas “mulleres e homes invisibles” que cada día realizan o Servizo de Axuda no Fogar.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde esta páxina animamos a todos os/as veciños/as de Mos a que dediquedes o aplauso de hoxe ás 20:00 h a todas esas “mulleres e homes invisibles” que acoden cada día aos domicilios para realizar o Servizo de Axuda no Fogar.
Grazas por coidar dos nosos enfermos, dos nosos maiores, das nosas persoas dependentes… e en especial grazas a todas as que nestes momentos tan difíciles seguides acudindo aos domicilios cun sorriso, sabendo que sodes as primeiras en estar preto da barreira de risco.

Isolina, Patricia, Isabel, Mª Soledad, María Lourdes, Maria, Mª Carmen, Marisol, Fatimetou, Marysol, Mª Cruz, Andrea, Purificacion, Tania, Adelaida, Patricia, Concepción, Sara, Belén, Natalia, Mª Jesusa, Pilar, Aroa, Ana, Alexandra, Beatriz, Concepción, Mª Jesusa, Teresa, Mónica, Marta, Ana Isabel, Maria Juana, Mª Victoria, Isabel, Rocío, Maria Del Carmen, Mª Angeles, Stella Maris, Beatriz, Pilar, Eva, Blanca Mª, Tamara, Bethina, Ana Mª, Teresa, Carmen, Amable, María Concepciones, Jorge…

GRAZAS de corazón ❤️

#xuntossaireMOS