Aprazadas as Festas de San Mauro por mor do temporal da pasada fin de semana

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebraranse o vindeiro venres, día 25 de xaneiro, e o domingo 27 de xaneiro

 

A Comisión de Festas de San Mauro informa do aprazamento das Festas na honra de San Mauro en Capela-Petelos, xa que a pasada fin de semana tiveron que ser suspendidas por mor da alerta causada polo forte temporal de vento e choiva. As festas terán agora lugar, polo tanto, durante os días 25 e 27 de xaneiro, venres e domingo, respectivamente.

 

O venres 25 de xaneiro a verbena iniciarase ás 21.00 horas, e estará amenizada musicalmente polas orquestras Capitol e Principal. Mentres que o domingo, día 27, a verbena empezará ás 19.00 horas da tarde e contará coa actuación da Orquestra Olympus.

 

Durante as festas o recinto estará cuberto por unha gran carpa e non haberá actos relixiosos, xa que as Misas programadas para a semana pasada sí puideron ser oficiadas.