Arévalo aclara que é incuestionable a estabilidade presupostaria acadada polo Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A administración local logrou pechar un exercicio en positivo despois de dez anos

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pronunciouse hoxe novamente sobre a liquidación positiva do exercicio orzamentario 2012 ante as falsas informacións verquidas nos medios de comunicación polo grupo municipal do BNG ó respecto estes días.

 

A rexedora local lamenta que os nacionalistas pretendan confundir ós veciños e veciñas mosenses debido ó seu propio descoñecemento a cerca da xestión da administración local, ou ben debido á pretensión de engañar en beneficio propio. “En calquera dos dous casos”, declarou Arévalo, “o voceiro do BNG de Mos, Miguel Anxo Aldea, demostra unha gran torpeza que debería de corrixir asesorándose cos anteriores corporativos municipais compañeiros seus de partido”.

 

Sobre os cinco millóns de euros negativos de remanente de tesourería do ano 2011, a alcaldesa aclara que dende o equipo de goberno local en ningún momento se pretendeu dar a entender que desapareceran senón que sempre se deixou ben claro que se subsanou esa débeda porque o pago a proveedores se puxo ó día. Actualmente o pago de facturas está ó día evitándolle á administración local ter que recurrir a un futuro préstamo bancario, esa é a realidade e é a información que se fixo pública fai uns días, tal e como aclaraba Arévalo esta mañá. Ademais, sobre estes cinco millóns de euros en negativo, Arévalo explicou que non están no remanente de tesourería porque non teñen que estalo, e animou novamente ó voceiro do BNG a que se informe e aclare os conceptos da xestión económica na administración local.

 

Ademais Nidia Arévalo aclaroulle ó voceiro nacionalista que sobre o que se informou públicamente dende o Concello foi do resultado orzamentario do 2012, no que se ten en conta única e exclusivamente a xestión económica dese ano, polo tanto pídelle que non mezcle datos intentando confundir á opinión pública.

 

A alcaldesa esíxelle a Aldea que non intente estender unha cortiña de humo sobre a realidade, “xa que estamos a falar das contas do 2012 e a relidade é que a liquidación do ano 2012 pechouse en positivo despois de dez anos pechando en negativo os exercicios orzamentarios do Concello de Mos”, sentenciou a rexedora local mosense.

 

O dato fundamental, segundo explica Arévalo, e co que temos que quedarnos é que “coa liquidación orzamentaria positiva do exercicio 2012 acádase a estabilidade presupostaria do Concello de Mos, xa que se pasou dunha cifra de -4.200.000 euros no exercicio de 2011 a +1.500.000 euros no de 2012”.