As licenzas de obra maior crecen en Mos un 50% respecto do mismo período do ano anterior

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

  • De xaneiro a agosto de 2018 concedéronse 54 licenzas de obra maior, fronte ás 81 deste ano
  • Entre elas, as que máis se incrementaron, nun 54%, foron as de construción de vivenda

A implantación do PXOM mosense, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, o crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que se atopa ao 94% de ocupación, e o potencial como Concello Emprendedor Doing Business Galicia, fan que Mos leve experimentando nos dous últimos anos un aumento importantísimo das licenzas urbanísticas concedidas. Sen embargo, os datos da primeira parte do presente ano 2019 (de xaneiro a agosto) son especialmente positivos respecto dos anteriores, tal e como hoxe informaba o concelleiro de Urbanismo mosense, Alberto Méndez.

No período de xaneiro a agosto deste ano 2019 incrementouse nun 14% o total de licenzas e comunicacións previas concedidas respecto das do mesmo período de 2018. De xaneiro a agosto de 2018 concedéronse un total de 281 licenzas fronte ás 321 deste ano (40 máis).

O departamento técnico da concellería de Urbanismo ven de elaborar o informe de licenzas concedidas e expedientes tramitados durante a primeira parte do ano e, esta mañá, o concelleiro mosense de Urbanismo, Alberto Méndez, fixo públicos os datos derivados dese informe, que ofrecen un balance moi positivo respecto da actividade neste departamento que, segundo considera o representante municipal, “foi en gran parte grazas ao pulo que supuxo a implantación do Plan Xeral, así como o despunte do polígono da Veigadaña e as vantaxes de ser Concello Emprendedor Doing Business Galicia”.

A maioría das licenzas concedidas de xaneiro a agosto de 2019 foron de comunicación previa de obra menor, un total de 152; un tipo de licenza que tamén se incrementou (un 5%) respecto do mismo período de 2018, no que se concederon 144 (8 menos).

Sen embargo, o tipo de licenzas que experimentou un maior crecemento foi o de obra maior. As licenzas de obra maior ascenderon a un total de 81 respecto das 54 de 2018 (27 máis que no mesmo período do ano anterior, o que representa un incremento do 50%). En 2018 o crecemento das licenzas de obra maior concedidas respecto de 2017 fora do 37%. Compre destacar que en todo o ano 2018 concedéronse un total de 84 licenzas de obra maior, e no que vai de 2019 (de xaneiro a agosto) xa se levan tramitado 81 (só tres menos en case a metade de tempo).

Dentro destas licenzas de obra maior as máis abundantes con diferencia foron as de construción de vivenda (20 no que vai de 2019, 13 no mesmo período de 2018, e 23 en todo o ano 2018) que se incrementaron nun 54%. Seguidas polas de acondicionamento e canalizacións: 16 (no mesmo período do ano anterior foron 5 polo que o crecemento foi do 200%) e muro de contención: 13 (no mesmo período do ano anterior foron 5 polo que o crecemento foi do 160%).

Destes datos conclúese que “a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares a establecer ou consolidar a súa residencia en Mos e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir”, explica Méndez.

Por outra banda as licenzas de primeira ocupación concedidas en Mos de xaneiro a agosto de 2019 foron 10, fronte ás 7 do mesmo período do ano anterior (un crecemento do 42%). E as licenzas de actividade foron 74, fronte ás 68 do mesmo período do ano pasado (un incremento do 8%). En resumo, nos catro tipos de licenzas (obra maior, primeira ocupación, actividade comunicación previa e declaración responsable; e obra menor e comunicación previa de obra menor) se produciu un significativo aumento respecto do período de xaneiro a agosto de 2018.