As Palilleiras de Mos traballan nun novo proxecto: unha bici de encaixe que deixará a súa pegada na etapa 20 de LA VUELTA 21

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Tras esta fermosísima creación realizada polas nosas palilleiras para conmemorar LA VUELTA 20 ao seu paso por Mos con saída dunha das etapas do ano pasado desde o Pazo, traballan agora nun novo e fermoso proxecto: unha bicicleta de encaixe de bolillos que deixará a súa pegada na meta da etapa 20 de LA VUELTA 21, que o vindeiro 4 de setembro terá lugar no Castro de Herville, parroquia de Cela.
SOMOS CULTURA, SOMOS DEPORTE, SOMOS PALILLEIR@S, SOMOS LA VUELTA, SOMOSMOS!