Asfaltado do Camiño da Coviña en Petelos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

Iniciado o asfaltado do Camiño da Coviña en Petelos, o último do Plan Municipal de Asfaltados deste ano.
A administración local mosense financia con fondos propios un total de 17 asfaldados que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros. Os traballos comezaron a principios do verán e rematan agora neste Camiño da Coviña en Petelos, que actualmente atópase en execución.
Para levar a cabo este Plan anual, o Concello de Mos licitou un contrato de obras, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros.
O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022, mellorou mediante a reposición do firme, camiños municipais de todas as 10 parroquias mosenses.