ASFALTADO DO CAMIÑO DE PARDELLAS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

CELA DE NORABOA: INICIADO O ASFALTADO DO CAMIÑO DE PARDELLAS
 
Hoxe comezou o asfaltado do Camiño de Pardellas, na parroquia de Cela, cunha lonxitude de 1001 metros e un ancho medio de 5 metros, que se atopa incluído no Plan Municipal de Mellora de Camiños que o Concello de Mos está a acometer con fondos propios.
 
A supervisar o inicio dos traballos achegáronse esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, o presidente da Asociación de Veciños Celado de Cela, Evaristo Ucha, e a arquitecto técnico municipal, Purificación Barciela.