Asfaltado do Camiño do Pazo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá os labores de asfaltado do Camiño do Pazo, na parroquia de Tameiga, que está a ser obxecto dunha obra de mellora que deu comezo a semana pasada.
Os traballos de reposición do firme inciáronse onte, luns 15 de marzo, e quedarán rematados esta semana.
A mellora do Camiño do Pazo conta cun orzamento total de 57.270,68 euros que se financia con cargo ao Plan Concellos.