ASOMAMOS celebra este mes o seu Festival de Cantiga Galega e o seu tradicional xantar anual

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Serán os días 13 e 17 de maio respectivamente

O domingo 13 de maio ás 19.00 horas no auditorio do Pazo de Mos celebrarase o III Festival da Cantiga Tradicional Galega de ASOMAMOS no que participarán o Grupo Cantaruxía da Asociación, os Amigos da Farra de Moaña e a Coral Polifónica ASOMAMOS, contando coa colaboración especial da escritora e poetisa do Grupo Brétema, Isaura Lago. A entrada será libre e de balde ata completar aforamento.

Ademais ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, organiza o seu X Xantar que terá lugar o vindeiro 17 de maio no restaurante Manolo no Porriño. O evento contará con sorteos, agasallos e animación musical de sobremesa a cargo do Grupo de Gaitas da A.S.C. de Herville. Os interesados en reservar invitacións para este xantar poden facelo presencialmente no Local Social da Asociación, sito no edificio Multiusos das Pozas – Petelos, ou chamando por teléfonos aos números 986 334 903 – 679 037 299 – 659 629 526. Tamén teñen invitacións os/as colaboradores/ras da Asociación das diferentes parroquias de Mos.