Asomamos celebra o seu III Festival de Habaneras

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o domingo 28 de outubro ás 18.00 horas no Multiusos

O vindeiro 28 de outubro, domingo, celebrarase o III Festival de Habaneras de Asomamos (Asociación de Maiores e Pensionistas de Mos).

O evento musical terá lugar no auditorio do centro Multiusos, nas Pozas-Petelos, a partir das 18.00 horas da tarde.

Ademais da coral anfitriona, a Coral Asomamos, actuarán tamén a Coral Polifónica Cantemos de Salvaterra de Miño, a Coral Agarimo de Torneiros-Porriño, e a mosense Coral O Son dos Cantares.