Asomamos celebra o seu X Festival de Habaneras e Polifonía

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o domingo ás 19.00 horas no Multiusos

 

 

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, Asomamos, organiza o seu X Festival de Habaneras e Polifonía que se celebrará o vindeiro domingo, día 20 de outubro, ás 19.00 horas, no auditorio do edificio Multiusos das Pozas.

 

A entidade organizadora, Asomamos, define este encontro musical como “unha boa ocasión para valorar e gozar do arduo traballo das corais”. Nel participarán, ademais da Coral Polifónica Asomamos, dúas corais convidadas: a Coral Polifónica Ondas da Ría de Moaña e a Coral Polifónica de Poio.