Asomamos celebra unha Asamblea Xeral Ordinaria

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o sábado 23 de novembro ás 18.00 horas

 

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, Asomamos, informa da vindeira celebración da súa Asamblea Xeral Odinaria que terá lugar o vindeiro 23 de novembro, sábado, ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda convocatoria.

 

O lugar no que se realizará esta asamblea será o auditorio do Pazo dos Marqueses de Mos. Ademais da aprobación da acta da sesión anterior, da memoria do exercicio 2012-2013 e do estado de contas de dito exercicio, a orde do día contemplará dous puntos de importancia capital tales como a aprobación dos orzamentos para o exercicio 2013-2014 e do plan de actividades para o exercicio 2013-2014. Tamén se ratificará, por parte da Asamblea Xeral, a actual composición da Xunta Directiva e se procederá á pertinente ronda de rogos e preguntas.