Asomamos informa de que unha traballadora social atenderá ós asociados previa cita

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será todos os martes de 10.00 a 12.00 horas no local que a asociación ten no Multiusos

 

A xunta directiva da Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, Asomamos, informa de que unha traballadora social da asociación recibirá, previa solicitude de cita, ós asociados que así o precisen ou demanden.

 

As entrevistas coa traballadora social celebraranse no local de Asomamos do centro Multiusos das Pozas todos os martes en horario de 10.00 horas a 12.00 horas.

 

O teléfono no que se pode pedir cita é o 679 037 299.