Asomamos organiza o III Certame de Corais Memorial Constante Lago

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase no Pazo de Mos o día 2 de xuño

 

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, Asomamos, informa da celebración do III Certame de Corais Memorial Constante Lago que terá lugar o domingo 2 de xuño a partir das 18.00 horas no auditorio do Pazo de Mos.

 

Ademais do Orfeón Asomamos, intervirán a Coral Polifónica A Xuntanza de Santiago de Compostela e a Coral Polifónica de Valadares do C.V.C Valadares-Vigo.