ASOMAMOS participa no programa da Deputación Coñece a túa Provincia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Organiza unha excursión a Illa de Ons, Portonovo e Sanxenxo

 

A Asociación de Maiores e Pensionista de Mos, ASOMAMOS, como entidade de iniciativa social organiza unha excursión á Illa de Ons, vila mariñeira de Portonovo, e Sanxenxo, dirixida ós seus asociados e asociadas.

 

Trátase dunha saída subvencionada pola Deputación de Pontevedra e incluída no programa Coñece a túa Provincia.

 

Os interesados en participar nesta actividade poden reservar a súa praza chamando ó teléfono 986 33 41 67 ata o 25 de xullo.

 

O prezo por persoa será de 12 euros nos que se inclúen servizo de transporte, xantar e guía.