Atención técnica sobre o inventario de camiños en Louredo e Guizán

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Dende a concellería mosense de Patrimonio que dirixe o edil Camilo Augusto infórmase de que a atención técnica especializada ao público sobre o inventario de camiños prevista nas parroquias de Louredo e Guizán para mañá martes 5 de decembro trasládase ao día 28 de decembro no mesmo horario de 17.00 horas a 20.00 horas da tarde. Os interesados das devanditas parroquias poderán recibir asesoramento técnico especializada sobre o inventario de camiños por parte do arquitecto municipal, Manuel Toucedo, e do topógrafo tanto o 28 de decembro como calquera outro día de luns a venres en horario de mañá co arquitecto no departamento municipal de Urbanismo previa solicitude de cita.