Averías no alumeado público consecuencia do último temporal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos infórmase de que debido ao temporal da semana pasada multiplicáronse as averías no alumeado público, polo que a empresa que realiza o mantemento do mesmo está a dobrar esforzos para solventar todos os incidentes, traballando incluso os días festivos navideños. Se ben, esta administración local lembra que calquera veciñ@ que detecte unha avería no alumeado público, pode chamar para dar parte da mesma e solicitar a súa reparación, que será realizada nas horas seguintes á notificación da mesma. O número de teléfono para notificar averías no alumeado público é o 986 33 12 00 en horario de 09.00 horas a 14.00 horas de luns a venres.