Biblioteca

OBRADOIRO INFANTIL DE XADREZ

CONCURSO DE POSTAIS CONCELLO DE MOS

Pide un desexo, pecha os ollos e anhela con todas as túas forzas que se faga realidade.
É o Nadal, o esplendor dos soños dos nenos, o momento máxico do ano no que a emoción e as ilusións dos pequenos se converten nos protagonistas de cada recuncho dos nosos fogares.
Por iso dende a Biblioteca Municipal queremos aproveitar esta época tan marabillosa do ano para potenciar a creatividade dos nosos escolares e sobre todo fomentar a lectura e a escritura nos nosos cativos poñendo en marcha o tradicional Concurso de “Postais de Nadal” Concello de Mos, enfocado exclusivamente para o público con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

BASES

  1. Poderá ser en galego ou en castelán.
  2. Poderáselle engadir ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc.
  3. Poderanse empregar os materiais que se desexen: ceras, lápices, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc.
  4. O tamaño non poderá exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a extensión mínima será de medio folio A4 por un só lado.
  5. En relación ao tema, convidamos aos pequenos a engadir tamen unha frase; pode ser un desexo que non sexa de carácter material ou expresando qué lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.
  6. A postal deberá ser obra do/a propio/a neno/a, que incluirá ao final como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Só se aceptará unha postal por persoa.

CATEGORÍAS

Establécense 3 categorías de idade distribuídas da seguinte forma:

  • Categoría I: de 3 a 5 anos
  • Categoría  II: de 6 a 8 anos.
  • Categoría III: de 9 a 12 anos.

XURADO

Un xurado composto por diferentes técnicos/as municipais dos departamentos de Cultural e Benestar Social valorará a calidade e orixinalidade, así como os seus valores positivos; descartando aqueles nos que se perciba a intervención directa dun adulto.

PRAZOS

Entrarán en concurso todas as postais entregadas  entre o 9 e o 26 de decembro de 2014 na Biblioteca Municipal.

Exposición: do 29 de decembro ó 2 de  xaneiro

PREMIOS

Establécese un premio por categoría, os cales se entregarán o venres día 2 de xaneiro de 2015 nun acto de animación á lectura, que se celebrará na Biblioteca Municipal ás 12:00 horas, cunha duración de 1 hora aproximadamente.

Os premios son os seguintes:

  • Categoría 1: un lote de libros e material escolar máis un diploma.
  • Categoría 2: un lote de libros e material escolar máis un diploma.
  • Categoría 3: un lote de libros e material escolar máis un diploma.

Nota: as obras quedarán a disposición do Concello de Mos e este poderá publicalas sen ningún ánimo de lucro cando fose do seu interese.
Así mesmo, a presentación dunha obra implica a aceptación total destas bases.

BILBLIOTECA CONTACTO

FAI USO DA BIBLIOTECA PÚBLICA

PORQUE…

  • Podes entrar libremente e de balde
  • Temos as lecturas que piden no teu colexio
  • Podes gozar na túa casa durante 15 días de tres libros, películas, revistas…
  • Hai sala de ordenadores
  • Temos acceso a internet
  • Podes imprimir ata 10 follas diarias
  • Te axudamos nos traballos escolares
  • Te axudamos na busca de emprego
  • Te axudamos a facer o curriculum

FAITE SOCIO, TRÁENOS A TÚA FOTO

Pode contactar con nos na seguinte dirección:

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL
CAMIÑO DO PORTO, 1 PORTELIÑA
36416 PETELOS (MOS).
Horario: de luns a venres de 10.00h a 21.00h (xullo e agosto de 09.00h a 14.30h)
Tel: (+34) 986 338 080 – Fax: (+34) 986 331 200
Email: biblio_municipal@concellomos.es

Se o prefire, pode cubrir o formulario de contacto e poremonos en contacto con vostede o antes posible:

Please wait...

Os datos requeridos en dito formulario serán incorporados a un ficheiro de carárcter persoal, titularidade do Concello de Mos, coa finalidade de xestionar o envío de comunicacións; cumprindo deste xeito a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MOS SUMA SETE PREMIOS MARÍA MOLINER

O proxecto de animación á lectura polo que gañou este ano leva por título ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’

A Biblioteca Municipal de Mos recibiu, xa por sétima vez, o Premio María Moliner de Animación á Lectura que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a FEMP (Federación Epañola de Municipios e Provincias) e a Fundación Coca-Cola. A Biblioteca mosense foi premiada nesta ocasión polo proxecto ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’ e recibirá por elo un lote de libros que lle permitirán ampliar notablemente o seu repertorio de exemplares, concretamente en 180 volumes máis. Este lote inclúe títulos de todo tipo, tanto orientados ó público infantil coma ó xuvenil.

Gracias a este recoñecemento, a Biblioteca Municipal de Mos atópase incluída unha vez máis no grupo de 300 bibliotecas españolas premiadas co María Moliner, que nesta ocasión celebrou a súa décimo sexta edición.

O concurso de proxectos da campaña María Moliner de animación á lectura vai dirixido a Bibliotecas públicas de municipios de menos de 50.000 habitantes, coma é o caso do Concello de Mos, e ten por obxecto incentivar as accións de animación e fomento da lectura de nenos e mozos, de eficiencia e labor bibliotecaria, así como a integración social nas Bibliotecas públicas.

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, anunciou hoxe a boa nova de que a Biblioteca Municipal de Mos sexa novamente receptora deste premio “que valora especialmente o esforzo, traballo e imaxinación aportados ós proxectos e programas anuais de fomento da lectura entre os veciños e veciñas, desenvolvidos polas bibliotecas públicas”, explicou a edil.

No caso concreto de Mos o proxecto anual de fomento da lectura titulado ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’ incluiu diversas actividades celebradas en diferentes épocas tales coma visitas dos nenos e nenas da Escola Infantil da Porteliña ó longo de todo o ano, un concurso infantil de postais de Nadal, un curso de informática para adultos, a celebración en abril do Día Internacional do Libro, en maio do Día das Letras Galegas, en xuño a celebración local da Festa da Rosa, en xullo un encontro cos nenos e nenas saharauis beneficiarios do programa Vacacións en Paz da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, charlas informativas nos centros educativos do municipio e a celebración, o pasado mes de outubro, do Día da Biblioteca.

A concellería de Cultura á que pertence a Biblioteca Municipal de Mos impulsa unha serie de actividades que complementan os recursos escolares e académicos ademais da mellora da convivencia escolar, familiar e cidadá con proxectos atractivos e pedagóxicos que dinamizan e favorezan a incorporación social sen esquecer o fundamental: o fomento da lectura e a educación en valores.

A proposta mosense que gañou o Premio María Moliner constitúe unha oferta de calidade que optimiza os recursos conseguindo así unha evidente redución do custo sen que iso repercuta na calidade das actividades. Proba diso é o considerable incremento de socios e socias así como o aumento de número de libros en préstamo.

Neste sentido Sara Cebreiro argumenta que “a Biblioteca debe ser o ente aglutinador e promotor de todas as propostas relacionadas coa lectura. A realización destas tarefas supón a existencia duns requisitos básicos: fondos bibliográficos, recursos tecnolóxicos, relación con outras bibliotecas (no noso caso con bibliotecas escolares), contacto co departamento de Benestar Social e nalgunhas actividades implicación das familias”. Precisamente a habilidade á hora de conxugar todas estas tarefas foi a que facilitou a nova obtención do Premio María Moliner para Mos este ano.

Por último Cebreiro informou de cales son os obxectivos concretos que se perseguiron co proxecto do presente ano 2014, ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’, e que son fomentar a lectura entre a poboación do municipio, promover o coñecemento musical, promover valores de tolerancia, respecto, comprensión, etc., a integración social dos distintos colectivos con dificultades da poboación mosense tales coma inmigrantes, discapacitados, familias sen recursos, etc., a introducción e uso das novas tecnoloxías, ofrecer alternativas de ocio saudable para tódolos públicos e promocionar a interacción e o contacto entre as diferentes familias do Concello.

A BIBLIOTECA PÚBLICA CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA CON OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN ÑAM!!!

Os nenos/as participantes sentíronse artistas por un día creando con verduras, froitos secos e ata cogomelos (aproveitando as xornadas Micolóxicas), os seus personaxes preferidos.

CONCURSO DE POSTAIS CONCELLO DE MOS

Pide un desexo, pecha os ollos e anhela con todas as túas forzas que se faga realidade.

É o Nadal, o esplendor dos soños dos nenos, o momento máxico do ano no que a emoción e as ilusións dos pequenos se converten nos protagonistas de cada recuncho dos nosos fogares.

Por iso dende a Biblioteca Municipal queremos aproveitar esta época tan marabillosa do ano para potenciar a creatividade dos nosos escolares e sobre todo fomentar a lectura e a escritura nos nosos cativos poñendo en marcha o tradicional Concurso de “Postais de Nadal” Concello de Mos, enfocado exclusivamente para o público con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

BASES

  1. Poderá ser en galego ou en castelán.
  2. Poderáselle engadir ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc.
  3. Poderanse empregar os materiais que se desexen: ceras, lápices, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc.
  4. O tamaño non poderá exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a extensión mínima será de medio folio A4 por un só lado.
  5. En relación ao tema, convidamos aos pequenos a engadir tamen unha frase; pode ser un desexo que non sexa de carácter material ou expresando qué lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.
  6. A postal deberá ser obra do/a propio/a neno/a, que incluirá ao final como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Só se aceptará unha postal por persoa.

CATEGORÍAS

Establécense 3 categorías de idade distribuídas da seguinte forma:

Categoría I: de 3 a 5 anos

Categoría  II: de 6 a 8 anos.

Categoría III: de 9 a 12 anos.

XURADO

Un xurado composto por diferentes técnicos/as municipais dos departamentos de Cultural e Benestar Social valorará a calidade e orixinalidade, así como os seus valores positivos; descartando aqueles nos que se perciba a intervención directa dun adulto.

PRAZOS

Entrarán en concurso todas as postais entregadas  entre o 9 e o 26 de decembro de 2014 na Biblioteca Municipal.

Exposición: do 29 de decembro ó 2 de  xaneiro.

PREMIOS

Establécese un premio por categoría, os cales se entregarán o venres día 2 de xaneiro de 2015 nun acto de animación á lectura, que se celebrará na Biblioteca Municipal ás 12:00 horas, cunha duración de 1 hora aproximadamente.

Os premios son os seguintes:

Categoría 1: un lote de libros e material escolar máis un diploma.

Categoría 2: un lote de libros e material escolar máis un diploma.

Categoría 3: un lote de libros e material escolar máis un diploma.