Convocatoria ó acto de entrega de entradas do Celta no Colexio de Sanguiñeda

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Pola presente convócase ós medios de comunicación ó acto de entrega de 100 entradas para o partido Celta-Levante -que se disputará en Balaídos o vindeiro domingo, día 2 de decembro, ás 19.00 horas-; a 50 alumnos e alumnas do CEIP Mestre Valverde Maio, en Sanguiñeda, que poderán asistir ó encontro xunto cun acompañante.

Estas 100 entradas, que lle foron doadas pola empresa Vodafone ó Concello de Mos, lle serán á súa vez entregadas ós cativos do Colexio de Sanguiñeda o mércores 28 de novembro ás 11.00 horas, nun acto a celebrar no propio centro educativo e ó que asistirán os xogadores do Celta Rubén Blanco, porteiro natural do municipio de Mos, e Jonathan Vila, de Porriño; ademais de representación municipal nas persoas da alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, e a edil de Educación, Kely Monzón; e por último, contarase tamén coa presencia de Ramón Soage como representante da empresa Vodafone.

Sen máis, agradecendo de antemán a súa sistencia, reciban un cordial saúdo.