Cambios no Bus Urbán de Mos pola crise do COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

 

  • Suspéndese a ruta amarela que fusionaba as lanzadeiras azul e verde, ao diminuír os viaxeiros que se dirixen ao Centro de Saúde e ao Instituto
  • As lanzadeiras azul e verde continúan coas mesmas rutas e frecuencias para que a veciñanza poida acudir aos supermercados a facer a compra
  • Ante calquera dúbida os usuarios do servizo poden poñerse en contacto co departamento de Mobilidade do Concello de Mos no teléfono 986 33 94 04

O Concello de Mos, dentro das medidas preventivas pola crise do COVID-19, reduce os servizos do Transporte Urbán Municipal, anulando a ruta fusionada das lanzadeiras azul e verde (ruta amarela) ao diminuír os viaxeiros que se dirixen ao Centro de Saúde e ao Instituto.

Esta ruta fusionada saía ás 07.15 horas de Herville, percorrendo a práctica totalidade do municipio para chegar a Puxeiros ás 08.01 horas e ás 08.08 horas ao IES de Mos. En horario de tarde saía ás 14.15 horas do Instituto e chegaba ao Centro de Saúde ás 15.30 horas. Ademais os luns laborables de tarde había un servizo ás 18.00 horas para a saída do alumnado do IES.

As lanzadeiras azul e verde continúan coas mesmas rutas e frecuencias para que a veciñanza poida acudir aos supermercados a facer a compra.

Ante calquera dúbida os usuarios do servizo poden poñerse en contacto co departamento de Mobilidade do Concello de Mos no teléfono 986 33 94 04.

Esta medida ven a cumprir o decretado pola orde TMA/273/2020 de 23 de marzo, pola que o Goberno de España dicta instruccións sobre a reducción dos servizos de transporte de viaxeiros establecendo un recorte do 70% dos servizos regulares de transporte de viaxeiros por estrada, tal é o caso do Transporte Urbán Municipal de Mos.