Campionato Social de Petanca e Chave en San Eleuterio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Cada ano, tras o remate da tempada oficial, o equipo Barmando organiza este evento deportivo

 

O equipo de petanca e chave Barmando de San Eleuterio, parroquia de Tameiga, celebrou onte o seu xa tradicional Campionato Social de Petanca e Chave que cada ano, tras o remate da tempada, organizan entre os seus propios xogadores, que hoxe en día ascenden a un total de 20 procedentes de tódalas parroquias mosenses, aínda que a maioría dos integrantes son naturais da parroquia de Tameiga.

 

Os gañadores de onte na modalidade de chave foron Jaime Domínguez e Marcelino Covelo e en petanca Alfredo Represas e Pablo Lorenzo.

 

Durante o encontro matinal de onte os xogadores do Barmando recibiron a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, a edil de Cultura, Sara Cebreiro, e o concelleiro Luis Alonso, veciño da parroquia de Tameiga.

 

Durante a pasada tempada, o equipo Barmando xogou na Liga de Petanca e Chave da área de Vigo, competindo contra outros equipos da zona e quedando en moi boa posición en ambas modalidades. En chave quedaron no sexto posto da clasificación xeral, e en petanca en segunda posición logrando ascender á categoría superior.