Canto Conto cumpre catro anos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A cuarta edición do festival organizado polas Maimiñas e Reviravolta Producións celebrarase o vindeiro 12 de maio na Pesqueira

Esta mañá As Maimiñas xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, e a edil de Participación Cidadá, Julia Loureiro, presentaron no Parque da Pesqueira, a IV Edición do Festival Canto Conto.

O festival infantil celebrarase na mesma zona da Pesqueira, parroquia de Mos, -no Paseo do Río Louro- o domingo 12 de maio.

Esta terceira edición contará coas actuacións de Magín Blanco e a Banda das Apertas ás 12.00 horas, Pakolas ás 16.00 horas, Os Bolechas ás 17.00 horas e O Viravai con “Paio e o poder da música” ás 18.30 horas.

Ás 13.00 horas organizarase unha andaina polo Paseo do Río Louro a cargo de Mai e Miña, As Maimiñas, e ás 14.00 horas dará comezo a comida campestre. Durante todo o día realizaranse obradoiros de arxila, práctica de infinidade de xogos populares; e haberá hinchables e karts.

O Festival Canto Conto é un evento dirixido ao público infantil e familiar organizado por Reviravolta Producións e As Maimiñas. Celébrase no Concello de Mos dende o ano 2016.

Na pasada edición foron máis de cinco mil persoas as que pasaron por Mos para desfrutar dun día en familia. Como o seu nome indica, neste festival teñen especial importancia os contos e a música, plasmados en contadas maxistrais e concertos de música en directo que, xunto con obradoiros e xogos, fan a delicias de nenos e maiores durante todo o día.

Ademais dos contos e concertos os nenos e nenas participan en diversos obradoiros, onde dan vía libre á súa imaxinación e aprenden cousas divertidas.

Outro dos grandes protagonistas do Canto Conto son os concertos. En anteriores edicións estiveron grandes grupos e artistas como A Gramola Gominola, O Viravai (que regresa nesta ocasión), Xulio Lorenzo, As Maimiñas, Mamá Cabra, María FumaÇa, Paco Nogueiras, Uxía Lambona e a Banda Molona…

O festival é tamén un bo xeito de achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte, por iso durante o mesmo os propios cativos son autores de grandes obras de arte.

Nun evento como o Canto Conto cobran especial importancia a lectura e os libros como elemento de unión entre xeracións. Con espazos adicados a tal fin.

O Canto Conto é un festival para desfrutar todo o día, e para que non se preste ningún momento para o aburrimento, tanto para nenos como para pais.