Carolina Pereiro do Club Natación Mos convocada pola Selección Galega para representar a Galicia no Campionato de España Infantil Junior


Carolina, que adestra no Club Natación Mos baixo as ordes de Alberto Pereira “Xouba” convértese na primeira nadadora do clube mosense en ser convocada pola Selección Galega. Un paso máis e un recoñecemento merecido tras proclamarse Campioa Galega en múltiples ocasións.